Imprimir esta páxina
Luns, 04 Xullo 2016 12:47

Un xulgado condena ao Concello de Olmedo (Valladolid) a inventariar e retirar todos os símbolos da ditadura franquista

Valora este artigo
(2 votos)

Outras 20 corporacións municipais, entre elas as de Madrid, León, Almería, Burgos e Logroño, foron demandadas por incumprir a lei de Memoria Histórica

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Valladolid condenou ao Concello de Olmedo a elaborar "un catálogo de vestixios" relativos á Guerra Civil e a ditadura franquista no municipio "e á retirada inmediata de escudos , insignias , placas , dereitos e honras ou outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar e represión da ditadura".

A sentenza estima deste xeito o recurso interposto o pasado 1 de maio polo avogado Eduardo Ranz Alonso ante a inactividade da corporación municipal no cumprimento da lei de Memoria Histórica, que no seu artigo 15 establece a obrigatoriedade de elaborar o catálogo de vestixios e impón a retirada de simboloxía de exaltación da guerra civil e a ditadura.

A resolución xudicial é a primeira que acolle favorablemente una das 21 demandas presentadas polo letrado contra outros tantos concellos de Andalucía, Asturias, Castela-León, Castela A Mancha, Cataluña, Comunidade de Madrid e Extremadura.

Entre eles atópanse as corporacións municipais de Madrid, León, Almería, Burgos e Logroño, que desde a aprobación da Lei 52/2007 do 26 de decembro, hai case nove anos, aínda non cumpriron o disposto no citado artigo.

 

(Pode descargar a sentenza en arquivo adxunto)