Xoves, 28 Xullo 2016 17:49

Novos letrados xudiciais para a comunidade galega xuran o cargo no TSXG

Valora este artigo
(1 Voto)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolleu hoxe o acto de xuramento ou promesa da 41ª promoción interna de letrados da Administración de Xustiza. O acto celebrouse ante a secretaria de Goberno do Tribunal, Concepción Otero Piñeiro, e foi presidido por Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidente do TSXG.

Xuraron ou prometeron os seguintes letrados: Francisco Javier Cadenas Chacón, destinado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Becerreá; María del Carmen Álvarez Marqués, destinada ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria; José Antonio Romasanta Ageitos, destinado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño; e Cristina María Estévez Rodríguez, destinada ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cangas.

Foto do acto en arquivo adxunto

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top