Xoves, 26 Xaneiro 2017 23:13

José Luis Seoane toma posesión para un terceiro mandato como presidente da Audiencia de A Coruña

Valora este artigo
(0 votos)

O presidente da Audiencia Provincial da Coruña, José Luis Seoane Spiegelberg, tomou hoxe posesión do cargo nun acto celebrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coa presenza do presidente do alto tribunal galego, Miguel Ángel Cadenas Sobreira. Asistiron tamén os presidentes das salas do Social e o Contencioso do TSXG, así como a secretaria de Goberno, entre outros maxistrados.

Spiegelberg, que afronta o seu terceiro mandato como presidente da Audiencia da Coruña, foi reelixido polo Consello Xeral do Poder Xudicial en decembro do ano pasado.

Ingresou na carreira xudicial en 1981, sendo os seus primeiros destinos xudiciais os xulgados de primeira instancia e instrución de Martos (Xaén) e de Cambados (Pontevedra). Ascendeu á categoría de maxistrado en 1983, exercendo na Audiencia Provincial de Álava e no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 2 de Xixón.

De 1990 a 1997 foi maxistrado da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña e desde 1997 a 2006, presidente da Sección Cuarta da mesma Audiencia. O 3 de outubro de 2006 foi nomeado presidente da Audiencia Provincial da Coruña. Desde 2008 é membro da Comisión Permanente da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top