Imprimir esta páxina
Venres, 08 Xuño 2018 12:15

Encontro entre as Xurisdicións Ordinaria e Militar na Audiencia Provincial da Coruña

Valora este artigo
(1 Voto)

A Audiencia Provincial da Coruña acolleu onte o IV Encontro entre as Xurisdicións Ordinaria e Militar. O obxectivo destas reunións de traballo é mellorar o coñecemento mutuo entre ambas as xurisdicións.

Á reunión asistiron o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, o fiscal superior de Galicia e o xeneral xefe da Forza Loxística Operativa, Francisco Javier Sánchez Fernández.

A primeira intervención correu a cargo da titular do Xulgado de Instrución nº7 da Coruña, Pura Caaveiro, e o fiscal antidroga de Galicia, José Fernando Martínez Quiroga, quen expuxeron o funcionamento dos xuízos rápidos en relación ás garantías do imputado.

Ofreceu tamén unha charla o presidente do Tribunal Militar Central, Rafael Eduardo Matamoros Martínez, e pechou o encontro o presidente da Sala Quinta do Militar do Tribunal Supremo, Ángel Calderón Cerezo.

Para finalizar a xornada, os 50 asistentes visitaron as dependencias do edificio que hoxe acolle a Audiencia Provincial, antiga Fábrica de Tabacos da cidade.