Os letrados arremeten contra Madrigal e piden a súa dimisión por poñelos no punto de mira

Os letrados da administración de xustiza respondéronlle con contundencia á fiscal xeral, poñendo en cuestión a súa "idoneidade para o cargo" e pedindo directamente súa demisión.

Nun comunicado asinado conxuntamente, o Sindicato de Letrados de la Administración de Xusticia (SISEJ) e a Unión Progresista de Letrados da Administración de Xusticia (UPSX) acusan a Consuelo Madrigal de corporativismo e de intentar "desprazar unha eventual responsabilidade polo suxerido incumprimento dos prazos legais de revisión de causas penais cara ao corpo de Letrados da Administración de Xustiza".

Consideran así mesmo "inaceptables e inadecuadas" as acusacións da fiscal xeral "baseadas en conxecturas ou sospeitas, contra un número absolutamente indeterminado de Letrados da Administración de Xustiza, realizadas sen ningunha base obxectiva".

O sindicato e a asociación lembran que a revisión está encomendada legalmente á fiscalía, e que a hipotética responsabilidade polo incumprimento de prazos legais para a revisión de causas correspóndelles ao grupo parlamentario do PP e ao ministro de Xustiza, que impulsaron e aprobaron unha reforma sobre as consecuencias da cal xa advertiran organizacións profesionais e operadores xurídicos, e acusan a Rafael Catalá de non ser quen de realizar "unha adecuada xestión e previsión desde que entrou en vigor" a lei.

 

Top