Imprimir esta páxina
Sábado, 04 Xuño 2016 21:32

A UPF pecha o seu congreso con duras críticas ao ministro Rafael Catalá polo seu uso electoralista da xustiza

Valora este artigo
(1 Voto)

Os fiscais progresistas reproban a súa actuación na aplicación da reforma da Lecrim e na implantación de Lexnet

Duras críticas ao ministro de Xustiza en funcións, Rafael Catalá, polo "despropósito" da Lei de Axuizamento Criminal (Lecrim) e o "desprezo" ao Ministerio Público que supón a implantación do sistema telemático Lexnet, e contra a aprobación da lei mordaza, destacan entre as conclusións do 31º Congreso da Unión Profresista de Fiscais (UPF), clausurado hoxe en Barcelona.

O presidente de UPF, Álvaro García Ortiz (no centro), presidiu a mesa do 31º Congreso
Álvaro García Ortiz (no centro) presidiu a mesa do Congreso                                  UPF

Sobre a reforma do artigo 324 da Lecrim, que limita a seis meses a instrución das causas penais, a UPF cualificouna de "mal concibida, mal redactada e mal interpretada", e acusou ao ministro de promover, coa súa actuación electoralista, "indesexados enfrontamentos entre os letrados da Administración de Xustiza, os xuíces de instrución e os fiscais".

En canto á implantación de Lexnet, os fiscais progresistas consideran que pon de manifesto a "absoluta precariedade" de medios das fiscalías e a súa "total dependencia das decisións do Ministerio de Xustiza". Amosan, ademais, a súa "preocupación pola falta de seguridade e confidencialidade do sistema", que fai accesible a información a persoas e institucións alleas ao procedemento.

Extenderon as súas críticas á fiscal xeral, Consuelo Madrigal, e ao seu equipo por non responder axeitadamente a estes "monumentais desafíos", pola súa "falta de liderado, firmeza e acerto nalgunhas decisións" e a súa política de comunicación, "ausente nos momentos máis necesarios e prescindible noutros".

A UPF reclama tamén unha interpretación constitucional da Lei de Protección da Seguridade Cidadá _a denominada lei mordaza_, coa fin de salvagardar os dereitos fundamentais e liberdades públicas, "garantindo a liberdade de expresión, información, manifestación e reunión pacífica".

 

(Conclusións en arquivo adxunto)