Luns, 23 Mai 2016 14:00

Catalá insiste en que se cumprirá o prazo de revisión de causas e non haberá ningún arquivo ou impunidade por esa razón

Valora este artigo
(0 votos)

Recoñece que a xustiza precisa dun único sistema de xestión procesal para xulgados e fiscalías, o que fai difícil casar os datos de asuntos pendentes

O ministro de Xustiza en funcións, Rafael Catalá insistiu hoxe en garantir os prazos de revisión de todas as causas penais que o 6 de xuño teñen que estar cualificadas entre sinxelas e complexas, de xeito que a instrución das primeiras quede pechada nesa data e se poda pedir unha prórroga de 18 meses para as segundas. Así o establece o artigo 324 da Lei de Axuizamento Criminal (LeCrim), que entrou en vigor o 6 de decembro, e que marca o prazo máximo de seis meses de instrución de arredor dun 70% dos procedementos.

Catalá reuniuse co Consello del Secretaria, que acolle aos Letrados da Administración de Xustiza (antigos secretarios xudiciais) para coordinar o labor de colaboración coas fiscalías e solicitarlle información actualizada sobre o grao de cumprimento dos prazos de revisión, coa que espera contar esta mesma tarde ou mañá. "É unha información para o Ministerio, non para os fiscais", matizou, toda vez que a Fiscalía Xeral do Estado (FGE) está recabando a súa propia información para chegar a un "punto de consenso" cruzando os datos dunha e outra parte.

Precisamente, e a preguntas dos xornalistas logo da reunión co Consello do Secretariado, o ministro confesouse sorprendido polas declaracións dos fiscais de que non poderán cumprir cos prazos legais. Según Catalá, esas previsións negativas "non estaban baseadas en datos. A mellor maneira de acoutar este debate é ter información, e a mellor información son os números". Malia que a Fiscalía sostén que o número de procedementos pendentes en decembro rondaba os 600.000, o ministro en funcións precisou que a información dos asuntos incoados "é a do Consello Xeral do Poder Xudicial, non pode ser outra", un total de 346.000.

A este respecto, recoñeceu que a xustiza ten "un problema: que non hai un sistema común de xestión da información e cada un utilizamos canles distintas; podemos ter incluso algunha discrepancia", suliñou. Catalá salientou a necesidade de contar cun sistema de información común para todas as comunidades autónomas, "e un único sistema de xestión procesual para todos os xulgados e fiscalías". "Tamén niso estamos a traballar", engadiu. En todo caso, asegurou que nos próximos días se fará desde o Ministerio un seguemento detallado do curso das revisión, con demanda de datos aos letrados de xustiza e reunións periódicas coa FGE.

Tras salientar o "traballo complexo" e a carga de traballo adicional que a revisión de causas supón para os fiscais e o resto dos operadores xudiciais, quixo deixar claro que "o transcurso do prazo en ningún caso vai levar consigo o arquivo ou a impunidade, e moitísimo menos nas causas complexas ou que teñan que ver coa corrupción ou con redes criminais". Insistiu en que falar dunha posible impunidade ou "lei de punto final" é "unha barbaridade que só pretende "xerar alarma ou desacreditar acción de goberno".

Pola súa banda, o vogal do Consello Fernando Cremades, expresou a súa "preocupación e sorpresa" polas acusacións "de algunhas asociacións de fiscais" sobre a falta de colaboración dos letrados da administración de xustiza. "Prestaron _afirmou_ a colaboración innata deste corpo, coa mesma normalidade que se produciu sempre", facilitando listaxes de causas ao comezo do período de cómputo para que os fiscais puidesen realizar a súa función, asistindo a reunións e asinando protocolos de actuación.

"As nosas funcións son as que son. O que non pode facer o corpo de letrados é suplantar a carga procesual que se lle impón non só ao Ministerio Fiscal, senón ao resto das partes (defensas e acusacións particulares), como é o control dos prazos·, concluíu.

Lapsus ministerial

A rolda de prensa tivo logo continuidade nas redes sociais, que se fixeron eco dun lapsus do ministro sobre o número de causas pendentes. Se o xoves pasado dixera 346.000, hoxe "rouboulle" o 3 inicial a aquela cantidade e convertiuna en 460.000. Un erro máis rechamante aínda se se ten en conta que a guerra de datos está servida desde o comezo mesmo da aplicación da LeCrim. O propio Catalá encargouse hoxe de atizar o lume ao esixirlle rigor nos datos a quen denuncian o descoñecemento exacto do número de casos pendentes de revisar e sosteñen que será imposible cumprir cos prazos.

Por outra parte, o Sindicato de Letrados da Administración de Xustiza (Sisej) acusou ao ministro de "usar aos letrados para salvar a cara dunha reforma defectuosa". O sindicato estendeu as súas críticas ao propio Consello Xeral do Secretariado, por non representar, ao seu xuízo, a un amplo sector do colectivo.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top