Venres, 13 Outubro 2017 11:14

"Rotundo rexeitamento" de xuíces e fiscais a que o goberno catalán cuestione a independencia e imparcialidade xudicial

Valora este artigo
(3 votos)

Afirman que a Comisión sobre a violación de dereitos fundamentais creada pola Generalitat "pretende interferir" no seu labor como garantes deses dereitos

As sete asociacións de xuíces e fiscais fixeron público hoxe un comunicado no que expresan o seu "rotundo rexeitamento" ao que consideran un ataque á súa independencia e imparcialidade por parte do Govern da Generalitat coa constitución dunha Comisión especial sobre a violación de dereitos fundamentais en Cataluña.

Dita comisión persegue, entre otras funcións, “velar por que o sistema xudicial sexa (perante o proceso de independencia) igual de dilixente e utilice todos os recursos que foi capaz de utilizar e de demostrar para perseguir outros feitos”, en clara alusión ás investigacións e procedementos abertos contra varios dirixentes e funcionarios independentistas.

Baixo o título de O noso compromiso coa Constitución, e asinada pola Asociación de Fiscales, a Unión Progresista de Fiscales, a Asociación Profesional e Independiente de Fiscales, a Asociación Profesional de la Magistratura, a Asociación Judicial Francisco de Vitoria, Juezas y Jueces para la Democracia e Foro Judicial Independiente, a nota afirma que a citada comisión é un "órgano innecesario", xa que en España "os dereitos fundamentais e liberdades públicas están plenamente recoñecidos pola Constitución e a Lei e garantidos polos xuíces e fiscais integrantes do Poder Xudicial, en cuxa función constitucional esa Comisión pretende nítidamente interferir".

"Ninguén -engaden as asociacions asinantes- debe crebar a necesaria separación de poderes públicos, nin menoscabar a nosa independencia, nin devaluar a nosa aparencia de imparcialidade, porque son garantías para todos os cidadáns".

Xuíces e fiscais aseguran que o seu desempeño profesional "parte dun firme compromiso constitucional para a defensa dos dereitos e liberdades de todos os cidadáns", de modo que todos os integrantes do Poder Xudicial interveñen "como garantes da convivencia, para facer posible o equilibrio harmónico de todas as sensibilidades e intereses de calquera natureza ou clase sen facer distinción entre eles".

Lembran que só o respecto á Lei e aos dereitos dos demais son e serán as únicas pautas que guiarán o seu exercicio profesional, e que en aplicación dese criterio "non distinguimos -precisan- nin distinguiremos entre partes".

Por último, subliñan que todos aqueles que non poidan ver superados os seus conflitos ou vexan lesionados os seus intereses e dereitos contarán co auxilio de xuíces e fiscais no "exercicio responsable" da súa función constitucional, "pero tamén co amparo dun exhaustivo ordenamento xurídico, de dimensión nacional e supranacional, que salva con fartura calquera comparación en termos de garantías e contrapesos co resto de ordenamentos da nosa contorna occidental e democrática".

 

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top