Xoves, 17 Mai 2018 01:47

O dereito laboral de lactación, na primeira sentenza dun tribunal do Supremo integrado só por maxistradas

Valora este artigo
(1 Voto)

Unha sentenza da Sala IV do Social do Tribunal Supremo declara que existe dereito á acumulación en xornadas completas do permiso de lactación. É a primeira sentenza do Supremo ditada por un tribunal formado integramente por maxistradas.

A resolución expón que o permiso por lactación natural é un dereito necesario relativo, que se concreta en poder ausentarse do traballo unha hora, cos incrementos proporcionais en casos de lactación múltiple.

A negociación colectiva ou o pacto individual poden mellorar este dereito e/ou fixar que a hora de ausencia de traballo poida ser substituída por unha redución de xornada en media hora. Tamén pode establecer que o permiso sexa acumulado en xornadas completas, ao garantirse tamén con iso a mellor protección e atención do recentemente nado, que é o que persegue a norma.

En ambos os supostos o Convenio Colectivo pode fixar os termos destas opcións. En todo caso, e polo que se refire á acumulación en xornadas completas, esta debe calcularse, polo menos, sobre a hora de ausencia e non sobre a outra opción -de substitución por redución de xornada.

O tribunal que ditou a sentenza estivo formado por cinco maxistradas: María Lourdes  Arastey, María Luisa Segoviano, Milagres Calvo, Rosa Virolés e María Luz García Paredes, que actuou como relatora.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top