Xoves, 02 Xuño 2016 18:52

Recomendan aos consumidores non declarar IRFP polas custas percibidas tras gañar unha demanda contra un banco

Valora este artigo
(0 votos)

A asociación Acouga recorda que son unha indemnización polos gastos xudiciais, e anima a recorrer fronte a esta “aberta ilegalidade” tributaria

A Asociación de Consumidores e Usuarios de Galicia (Acouga), recoméndalles aos consumidores que gañen unha demanda contra un banco que non declaren no IRPF as custas procesuais que perciban, xa que estas son unha indemnización polos gastos xudiciais, e non un incremento de patrimonio.

Nesta situación estarían milleiros de preferentistas galegos e outros consumidores que presentaron demanda contra entidades financeiras.

Cando os consumidores demandan ás entidades bancarias pola venda de produtos bancarios como preferentes ou débeda subordinada e obteñen unha sentenza favorable, o habitual é que esta condene ás entidades bancarias a pagar as custas procesuais aos demandantes.

As custas procesuais son a indemnización polos gastos de avogados, procuradores, e no seu caso as taxas xudiciais, nos que incorreran os consumidores para demandar aos bancos.

Nunha consulta vinculante de 18 de febreiro de 2016, a Axencia Tributaria considera que esas custas procesuais deben ser declaradas polos consumidores que as perciben como ganancia patrimonial no IRPF.

Segundo a Axencia Tributaria, as custas supoñen a incorporación ao patrimonio dos consumidores “dun crédito ao seu favor ou de diñeiro (…), constituíndo así unha ganancia patrimonial” que debe tributar no IRPF. Consecuentemente, a Axencia Tributaria considera que as custas constitúen unha perda patrimonial para os bancos que as deben pagar.

Fronte a isto, Acouga advirte que o criterio da Axencia Tributaria incorre en aberta ilegalidade, e supón descoñecer que as custas son unha indemnización para os consumidores que se viron obrigados a asumir gastos necesarios para demandar aos bancos e defender os seus dereitos.

Polo tanto, as custas percibidas non xeran ningún tipo de ganancia patrimonial para o consumidor, pois están destinadas a cubrir os gastos xudiciais por demandar aos bancos.

Diante desta situación, Acouga recomenda rebater este criterio facendo uso dos recursos administrativos e xudiciais procedentes. Non obstante, cómpre sinalar que a interposición dos recursos ou reclamacións non suporá a suspensión da obriga de pagar polas custas no IRPF, agás que as cantidades esixidas pola Facenda estatal sexan avaladas ou garantidas.

A Asociación recomenda non declarar de ningún xeito estas cantidades na autoliquidación do IRPF que se faga anualmente e anima aos posibles prexudicados a poñerse en contacto na dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top