O avogado vigués Juan Blanco é o único xurista galego integrado nunha das dúas candidaturas que o próximo 17 de decembro aspiran a conformar a nova comisión executiva da Confederación Española de Avogados Novos (CEAJ), que representa a máis de 55.000 letrados de todo o país. Blanco, de 36 anos e especializado en dereito tributario e fiscal, intégrase no equipo encabezado pola avogada de Cartaxena Rosa Manrubia.