Outra das características rechamantes da participación da muller na Fiscalía é a súa incorporación ás seccións especializadas en violencia sobre a muller como pauta xeralizada. Neste aspecto volve a distinguirse o caso de Galicia, onde só unha fiscal figura á fronte deste servizo. Por contra, en Andalucía as mulleres cubren os oito postos provinciais existentes, en Castela e León, 8 dos 9, e en Cataluña, os catro dispoñibles, e son maioría ou cubren a totalidade dos postos no resto das fiscalías autonómicas, a excepción da de Castela-A Mancha.
Con todo, Pilar Fernández non lle outorga especial relevancia a esta circunstancia, e mesmo considera convinte que os homes se incorporen en maior medida a esta especialización, como un achegamento imprescindible, profesional e persoal, a esta verdadeira lacra social. A fin de contas, a violencia contra as mulleres é cousa de homes...