Luns, 22 Mai 2017 20:48

A Fiscalía xudicializou a cuarta parte das 2.095 denuncias por bebés roubados que recibiu desde 2011

Valora este artigo
(1 Voto)

As fiscalías provinciais remitiron aos correspondentes órganos xudiciais da súa xurisdición 522 denuncias por subtración de bebés presentadas desde 2011, o que supón un 25% das 2.095 que recibiron desde aquel ano ata hoxe.

Así llo comunicou esta tarde o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, a unha delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, que se atopa en España para solicitar información sobre as denuncias presentadas nos coñecidos como casos dos bebés roubados

Durante o encontro, no que participou José Miguel de la Rosa, fiscal xefe e María Luzón, fiscal da Secretaría Técnica, Maza explicou aos membros da delegación as actuacións levadas a cabo polo Ministerio Público español en relación con este caso.

A Fiscalía comezou as súas investigacións por mor dunha denuncia presentada en 2011 pola Asociación Nacional de Afectados por Adopcións Irregulares, que foi subscrita por 261 persoas.

Para unificar a resposta xurídica a este problema, a Fiscalía Xeral do Estado ditou en 2012 a Circular 2/2012 sobre os criterios que deberían terse en conta nos procedementos sobre subtracción de bebés. Maza asegurou que as fiscalías tramitaron de forma exhaustiva e individualizada cada denuncia, co fin de esclarecer os feitos denunciados.

 

 

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top