Xoves, 25 Mai 2017 11:32

Concepción Espejel, apartada da Gürtel pola súa proximidade ao Partido Popular, presidirá a Sala do Penal da Audiencia Nacional

Valora este artigo
(1 Voto)

Recibiu o voto de 10 vogais do CXPX e o do seu presidente, fronte aos 8 obtidos pola candidata do sector progresista, Manuela Fernández Prado

O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), nomeou á maxistrada Concepción Espejel Jorquera nova presidenta da Sala do Penal da Audiencia Nacional (AP), cargo vacante por expirar o mandato do seu anterior titular, Fernando Grande-Marlaska. A Sala que agora vai presidir Espejel apartouna no seu día do caso Gúrtel tras recibir un informe da Fiscalía Anticorrupción no que se advertía sobre a súa dubidosa imparcialidade pola súa proximidade ao Partido Popular.

Espejel obtivo 11 votos fronte a 8 votos obtidos pola maxistrada Manuela Fernández Prado, apoiada polo sector progresista e que conta con casi 25 años de experiencia penal na AP. Conseguiron un voto o maxistrado Fermín Javier Echarri e a maxistrada Carmen Lamela.

Segundo informou ol Consello, Espejel recibiu os votos do presidente do Supremo e do CXPX, Carlos Lesmes, e dos vogais conservadores Ángeles Carmona, Nuria Díaz, Juan Manuel Fernández, Rafael Fernández Valverde, Fernando Grande-Marlaska, Carmen Llombart, José María Macías, Juan Martínez Moya, Gerardo Martínez Tristán e Wenceslao Olea.

Pola súa banda, votaron a Manuela Fernández Prado os vogais progresistas Roser Bach, Mar Cabrejas, Victoria Cinto, Álvaro Cuesta, Clara Martínez de Careaga, Rafael Mozo, Concepción Sáez e Pilar Sepúlveda.

O vogal Enrique Lucas respaldou a candidatura de Lamela e Vicente Guilarte votou a Echarri.

A nova presidenta da Sala do Penal da Audiencia Nacional naceu en 1959 e ingresou na carreira xudicial en xaneiro de 1983. En 1999 pasou a ocupar a presidencia da Audiencia Provincial de Guadalaxara.

En setembro de 2008 foi nomeada vogal do CXPX, cargo no que cesou en decembro de 2013. Durante o seu mandato formou parte das Comisións de Cualificación e de Estudos e Informes, sendo vogal territorial para Castela A Mancha e vocal delegada para os órganos de Vixilancia Penitenciaria e o Foro de Inmigración.

Reincorporada ao servizo activo en xaneiro de 2014, Espejel ocupou a presidencia da Sección Segunda da Sala Penal da Audiencia Nacional.

Dubidosa imparcialidade

O 30 de outubro de 2015, Concepción Espejel e o agora membro da futura Sala de Apelación da Audiencia Nacional, Enrique López, foron apartados do xuízo á trama Gürtel en vista dun informe da Fiscalía Anticorrupción no que se pedía a súa recusación.

No devandito documento precisábase que tanto o Partido Popular como Luis Bárcenas cando era senador "participaron directamente co seu voto na súa elección para ocupar un dos máis altos cargos do poder xudicial", en alusión ao nomeamento da maxistrada como vogal do CXPX.

O informe concluía que "un observador obxectivo tería razóns para dubidar da imparcialidade" de Espejel e López. Neste último caso, catro dos acusados da Gürtel votaran a favor da candidatura do maxistrado ao Tribunal Constitucional.

Tras as votacións sucesivas do pleno do Consello do 17 de maio e de onte, López ocupará, xunto con Eloy Velasco, unha das dúas prazas na nova Sala de Apelación, que entrará en funcionamento o 1 de xuño, e Espejel presidirá a Sala que a recusou.

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top