Luns, 17 Decembro 2018 18:15

O número de denuncias presentadas por violencia machista en Galicia aumenta un 12,3% entre xuño e setembro

Valora este artigo
(1 Voto)

O 91,7 % das persoas axuizadas foron condenadas // A taxa de 10,7 vítimas por cada 10.000 mulleres é das máis baixas do Estado, cunha media de 17,1

Os xulgados galegos recibiron no terceiro trimestre do ano 1.784 denuncias por violencia de xénero, un 12,3 % máis que no mesmo período do ano anterior, cando se presentaron 1.589. A gran maioría das denuncias (1.310) chegaron aos órganos xudiciais a través de atestados policiais con denuncia da prexudicada.

O número de mulleres que aparecen como vítimas é prácticamente o mesmo, pois pasou de 1.500 entre xullo e setembro do ano pasado ás 1.502 deste exercicio.

Os datos estatísticos feitos públicos hoxe polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero tamén reflicten unha disminución en Galicia dos casos de vítimas que se acollen a dispensa para non declarar. Se no terceiro trimestre de 2017 optaron por esta opción 108 mulleres, este ano fixérono 92, é dicir, o 5,2 % das vítimas.

 

Campaña contra a violencia machista en Galicia
Campaña contra a violencia machista en Galicia

 

Galicia, con 10,7 persoas, segue tendo unha taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) por baixo da media estatal (17,1), só por encima de Castela e León e Extremadura.

Durante o segundo trimestre do ano solicitáronse 523 ordes de protección e medidas de protección e seguridade das vítimas, mentres que en 2017 se pediron 478, o que supón un incremento dun 9,4 %. Das 523 incoadas adoptáronse 355, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Observatorio. 

O 91,7 % das persoas axuizadas en Galicia por delitos relacionados con violencia de xénero entre o 1 de xullo e o 30 de setembro deste ano foron condenadas. Este dato sitúa á comunidade por riba da media estatal, que é do 89 %.

Todos os axuizados por este tipo de delitos nas audiencias provinciais galegas foron condenados, mentres que esta porcentaxe foi do 69% polo que respecta ás persoas xulgadas nos órganos penais. Só Extremadura, A Rioxa e Navarra teñen unha porcentaxe maior de condenas entre os axuizados nos xulgados do Penal, un 71,6 %, 71,4 % e 70,7 %, respectivamente.

 

Deixa un comentario

Asegúrese de introducir toda a información requirida, sinalada cun asterisco (*). Non se permite código HTML.

Top