O Xulgado do Mercantil Nº1 da Coruña abriu o pasado 14 de febreiro o prazo para adherirse á demanda colectiva interposta pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) contra Abanca por cláusulas chan e que foi admitida a trámite o ano pasado por ese órgano xudicial.
Acouga informalles os que xa se adheriron á demanda de que queda paralizado o curso do procedemento durante dous meses, "período no que deberán aportar correctamente toda a documentación solicitada, tendo como prazo límite o 6 de abril de 2017".
Acouga chama a todos os afectados polas cláusulas chan de Abanca que non teñan feito reclamación, e que queiran exercer ese dereito, a que se poñan en contacto coa Asociación Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 981 113 402- e se adhiran á demanda colectiva antes dese prazo.
Pódese consultar a resolución do BOE na seguinte ligazón: